De novo saímos cara o país catalán, esa terra chea de montes e boa xente, preto de un mar calmo, onde atopamos sempre agarimo e acollida. De todalas terras da Ibérica, Catalunya é pra nos un campo de xogos, de amplos vales i enormes montañas, lugares pra perderse esquecendo o ruidoso ambente estrepitoso dos grandes núcleos de poboación. Roteiros inagotables pra camiñar, aglomerados ou calizas verticais nas que subirse erguendo a mirada sobre una paisaxe armoñosa, chea de paz. Hai xa uns anos que decididmos achegarnos a este extremo peninsular en primaveira e outono, cando a meteoroloxía é mansa e as árbores visten a maxia dun comenzo e dun fin ateigados de beleza, en verdes intensos primeiro i en ocres vermellos despois.

[202310.17 | martes] Deixamos PuertoJuande o fío do mediodía seguindo estradas de segunda que nos achegarían ate o Delta do Ebro en dúas xornadas, visitando de camiño vilas fermosas como Valderrobres ou Siguenza, onde pasaríamos a primeira noite. A experienza deste percorrido mostrounos paisaxes moi diversas e descoñecidas, terra virxe e nova pra nós, permitíndonos tomar concienza do espazo xeográfico que estamos a atravesar.
Chegamos a Siguenza no serán e atracamos a nave na AAC del Paseo das Cruces, nun recuncho moi tranquilo nos arredores da cidade. Fixemos o noso xantar do día e cando saímos a pasear polo centro vello da vila xa estaba anoitecendo. De camiño nos chamaron dende Carballo as Luisas. Subimos ate o castelo e na baixada pasamos por diante da casa do Doncel e a igrexa de Santiago. Percorrimos as rúas máis antigas cheas de barroquismo relixioso e pazos renacentistas. Cruzamos a praza Maior, na que os hosteleros esperaban os clientes para a cea, ainda que había moi pouca xente esa noite. A catedral, como pasa case sempre en Espanha, estaba pechada e non poidemos entrar e conemplar o curioso sartego do vello Doncel que xa viramos noutra viaxe (xa van máis de trinta anos que estivemos por eiqui). Na cama, esa noite, para ilustrar a nosa visita, visionamos coma non o programa que Antonio Gala adicou a figura do mais famoso persoaxe de Siguenza.

[202310.18 | mércores] Pensábamos saír e continuar a viaxe tralo almorzo pero un entretenemento doméstico veu cambiar os nosos plans. O caixón de arriba que está debaixo da cociña non pechaba ben e abríase. Deste xeito non se pode navegar e tivemos que atopar a maneira de facer un arranxo. A primeira dificultade era retirar o caixón da estructura para ver que pasaba, qué o estaba a frenar. Chegamos incluso a chamar a Norantz para que nos explicaran cómo sacalo, pero nese momento non poido poñerse o técnico. Finalmente descubrímolo solos e vimos que o caixón tropezaba co tubo de desagüe que por algunha causa estaba caído e estranamente máis ríxido do normal. Fomos a buscar unha ferrateiría para mercar un pegamento potente que nos axudase a volver o tubo o seu sitio. Despois de moitos traballos poidemos facer un arranxo provisional que nos permitiu seguir o noso camiño, non sin antes quitarnos da pel o cabreo que tíñamos pegado ao descubrir unha nova chapuza da camperización da nave.
Preto das seis do serán chegamos al AAC de Valderrobres, situada xusto na ribeira do Matarraña fronte as casas vellas da vila. Tralo xantar saímos a pasear. Valderrobres figura na lista da asociación Los Pueblos más Bonitos de España. Tiñamos estado por eiquí hai uns sete anos cando viñemos a Horta de San Joan a escalar cuns amigos. Entón, paramos de paso unha mañá a mercar pan e tomar unhas cerves nunha das terrazas. O noso paseo desta noite comenza atravesando a Ponte de Pedra que está ao lado da área e introducíndonos na parte antigua pola Porta de San Roque. O ambente medieval das casas solariegas e das rúas intensificase coa iluminación nocturna ben elixida. Pouca xente paseaba ou buscaba un bo establecemento para cear. Subimos ate o castelo-palacio e de volta na ponte estivemos a contemplar o seco que iba o Matarraña e as fachadas traseiras das casas que se erguían na ribeira.

[202310.19 | xoves] Arrancamos a nave de novo despois do almorzo con destiño ó Baix Ebre. Entramos en Catalunya por Arnes e despois Horta de San Joan onde estivemos escalando hai uns anos e a onde pensábamos achegarnos hoxe se non fose polo mal tempo que facía. Bordeamos polo norte o Parque Natural dels Ports e, enseguida tropezamos coa beira do Ebro no punto no que a estrada sigue o seu curso para achegarnos a Tortosa, a cidade das tres culturas: árabe, xudea e cristiá. Atracamos na AAC da Ponte Milenari e esperamos a que escampase para poder sair a dar un paseo camiñando, pola cidade bimilenaria. Capital do Baix Ebre, Tortosa conserva significativas mostras de arquitectura medieval, renacentista, barroca e modernista, como os Reais Colexios [ver Instagram]. Percorrimos as principais rúas, leendo paneis que amosan os estragos que a guerra civil fixo nesta cidade, nos achegamos aos reais colexios e subimos ate o castelo, hoxe convertido en Parador Nacional, dende onde se divisa unha explendida vista de todo o conxunto urbán oradado polo Ebre. No medio do río o monumento franquista adicado as víctimas da famosa Batalla do Ebro, a máis longa e cruenta da guerra civil española. A catedral de Santa María, igualmente pechada, amosa fronte o río unha horrible fachada.
De volta no aparcadoiro decidimos tirar cara Amposta i en concreto a súa AAC municipal. Estaba bastante petada cando chegamos pero atopamos un bo lugar de atraque. A área conta con todos os servizos gratuitos, electricidade incluida, pero non quedaba ningunha borna libre. A mañá seguinde, o marchar outras naves poidemos enganchar a nosa a corrente. A instalación, tan confortable serviunos de campamento base para percorrer nos días seguintes o Delta do Ebro.

[202310.20 | venres] O día presentábase ideal para movernos en lanzadeira e, de primeiras, fomos ate a oficiña de información turística. Alí, grazas as impecables explicacións dunha simpática muller (felicitámola entón por iso), obtivemos tódolos datos e a cartografía que precisábamos para facernos unha idea da forma e dos puntos de interés deste exclusivo paraxe natural. Esa mesma mañana, desde a porta da mesma oficiña pusimos rumbo a Gola do Migjorn [ver track]. Polo carril bici que partía moi preto de alí enganchamos o principio coa Vía Anita e despois coa Vía Buda, un carril bici de terra compactada en case toda a súa lonxitude, agás un curto tramo pavimentado. O percorrido faise practicamente o carón da ribeira pero é bastante angosto, envolto en vexetación, e poucas veces podíamos ver o curso do río. En San Jaume D’Enveja o pavimento faise confortable, e todo o longo desta vila é un paseo con vistas o Ebro e a moderna ponte que o atravesa, que comunica esta poboación con Deltébre, na outra veira do río. O Migjorn é un brazo do Ebro, una canle que leva a auga cara o mar, ainda que o final ten unha barreira pra evitar que desemboque. Neste punto da desembocadura hai unha torre de avistamento de aves. No camiño de volta a Amposta o fixemos polas pistas, asfaltadas na súa maioría, que dan servizo os arrozais. As vistas son máis amplas, poidemos disfrutar con maior comodidade dos humidais do delta do Ebro e a súa grande povoación de aves.
Entre fusco e lusco chegamos de volta á nave, puxemos as lanzadeiras a cargar e preparamos o xantar do día. Descansamos disfrutando das imaxes grabadas na nosa memoria e preparando a expedición do día seguinte.

[202310.21 | sábado] Comenzamos o noso percorrido de hoxe achegándonos primeiro o mercado. Agás de que sempre nos gusta participar do comercio máis local, a muller de turismo nos dixo o día anterior que o mesmo edificio pagaba a pena velo xa que tiña unhas cristaleiras moi bonitas… Non foi tal! pero aproveitamos para visitar os postos da rúa e mercar unas noces e uns pesegos.
Dende alí fomos ao inicio do camiño que tíñamos pensado pra ese día. A rota nos levaría ate O Trabucador [ver track]. O percorrido discorre principalmente por pistas agrícolas e carril bici, aínda que hai algún tramo de estrada. Toda a ruta pola que nos leva o track que eliximos aquela mañá é ciclable pero na primeira parte, cara a Sant Carles de la Ràpita, hai algún tramo un pouco accidentado e incómodo pras nosas lanzadeiras. Non chegamos a entrar en Sant Carles, pero dende fora a poboación e o porto deportivo que se adiviñaba polo conxunto de mástiles que víamos dende o camiño, semellaba ser moi turística. En Poble Nou paramos moito tempo para comer en La Terraseta (gustounos o arroz con bacalau e o bo trato dos hosteleiros). Despois achegámonos ata o areal que é El Trabucador, ata onde nos permitían as bicicletas. O inmeso areal cautivounos, lembrabamos as praias de Normandía na marea baixa pola súa inmensidae pero sabíamos que eiquí non hai mareas e tíñamos claro a forma especial do litoral neste punto. Ainda que avanzamos bastante por íl, todavía nos quedaban case que catro quilómetros ate chegar a punta. Voltamos a Amposta tirando primeiro as indicacións que levaban a Casa de la Fusta primeiro e retomando de novo despois o track que traiamos o principio. Por todo o percorrido, como o día anterior, acompañaronnos grande variedade de aves: flamencos, garzas, moritos… O entramado de pistas que cuadriculan todo o parque, para dar servicio os arrozais fan deste lugar un paraiso para o paseo ciclista.

[202310.22 | domingo] Noso terceiro día no Delta presentábase un pouco máis incómodo en canto a meteoroloxia se refire. Mais non inportounos moito xa que esa malá pensábamos abandonar a área (limitada a 72 horas), polo que aproveitamos para percorrer coa nave a parte do Delta que está pola banda norte dor río. Primeiro nos achegamos ao centro de Amposta e atracamos nun aparcadoiro que hai preto da ponte colgante. Impresionante construcción de inxeñería de principios do século pasado. Foi no seu tempo unha das pontes máis salientables de Europa, que deu un grande servizo as comunicacións entre Catalunya e Valencia. Atravesamos polo paso peatonal de un lado e voltamos polo outro, vendo a axada veleza das casas que se asoman ó río. É unha pena que non se coide máis ista fachadada Vila. Nos achegamos despois ate as ruiñas do castelo e camiñamos por rúas do centro buscando unha dolcería, e atopamos cicáis a millor: Pastisseria Dolços Alemany 1912. Luis quería mercar patisets e iste foi un bo sitio. Nada máis entrar no local o aroma a cafe engatusounos e quedamos a tomarnos un. Pasamos un momento moi agradable, non si polo ambiente tranquilo do local, senon tamen pola pequena charla que alimentou en nos a cafeiña. De volta a nave pasamos pola praza do concello onde se celebran en verán os famosos castellers que nesta vila alcanzan os 8 andares de 1.
Abandonamos Amposta pola ponte colgante e collimos a estrada cara Deltebre e a desembocadura do río. Corona iste punto un zigurat ao que podes subir para divisar dende alí os últimos tramos do seu cauce principal que fúndese en abanico abierto no mar. De volta na nave, atracada no último aparcadoiro que hai a uns 300 metros do zigurat, tomamos un pequeno aperitivo e saimos a percorrer despois a costa norte da punta de flecha do delta. Pasamos sen baixar por poboacións tan turísticas como Ruimar, pouco amigables coas caravanas, e chegamos ate a paia da Marquesa onde paramos e paseamos un bo treito polo areal. A mar estaba un pouco movida, había algún que outro pescador de caña na orilla, sen moito éxito ese día segundo nos contou un deles.
No Raval de Leche de L’Aldea hai un AAC municipal moi tranquilo, ali pasamos a noite.

Achegamonos ó Delta do Ebro un pouco levados pola circunstacia, o mal tempo meteorolóxico non permitía eses días subir a escalar na rocha. Todo o país estaba envolto en chuvascos e tormentas. Pensamos logo, tirar cara o sur de Catalunya e probar sorte en Tarragona, aproveitando para coñecer a desembocadura do río que tantas veces tíñamos estudado nos libros de ecola. A verdade é que non esperabamos que fose tan excepcional. A auga fluie polas canles e as acequias, detendose as vegadas en pequenas lagoas onde habitan innumerableis especies avícolas. Si a isto lle sumas un entramado de pistas ben dotadas que permiten percorrer o laberinto con comodidade, o entretenemento está garantido. Á pasión que teño polos ríos como canle antiga de comunicación de vida e de xentes, veu sumarse nesta ocasión a guinda final do libro de Pedro Cases (El Ebro. Viaje por los caminos del agua) que ilustrou nosa pequena incursión neste singular espazo acuático.  Sorpredeunos gratamente este paraxe natural, todo un regalo pra nós, un lugar inprescincible e altamente recomendable pra visitar. E cicáis pra voltar…

 

[202310.23 | luns] Abandoamos o Delta deixando atrás a tramquilidade daquela terra dauga e sumerxíndonos na AP7 cara La Mogoda. Tiñamos pensado facerlle unha visita a Lluis e a concretamos con il dicíndolle que iamos prepararlle unha agarimosa cea na cociña da súa casa que tanto adoramos. A idea era pasar a noite en Santa Perpétua. Antes, de camiño, paramos en Villafranca de Penedés a facer unha compra i en San Sadurní da Noia a mercar unhas caixas de caba na bodega de Rosmas. Tamen mercamos nunha ferrateiría desta vila un sacacorchos e unha caixa para a foita. O primeiro resultóu unha boa ferramenta, mentres que o caixón ainda que nos fixo o apaño nesta viaxe, non queda tan ben de tamaño xa que os asentos tropezan canto tes que xiralos.

Pasadas as seis do serán chegamos a campa de Santa Perpétua. Tras atracar a nave saudamos a nai de Lluis que estaba alí sentada na rúa cun grupo de veciñas, como é habitual nela os días de bo tempo. Estivemos falando un bo rato antes de ir na busca do noso amigo que estaba na súa casa. Os reencontros deste tipo sempre son unha ledicia, Lluis é además o anfitrión perfecto amais dun bo cociñeiro. Esta vez queríamos nos facerlle o agasallo, preparándolle unha cea especial.: Bacalao empredrat e mexillóns en escabeche. Alí, naquela cociña que tanto nos gusta, pasamos unha velada estupenda coma sempre [ver Instagram]. Despois, na sala, Lluis ensinounos vídeos e fotos de viaxes, principiando pola roita en bicicleta a traverso do cauce do Ebro, dende Fontibre ate Ruimar [GR 99] que el fixera hai uns anos cunha amiga. Esa mesma noite, visitando o seu estudo de pintura, regalounos duas xoias: o debuxo de Malanyeu (posto na portada deste blog) e o das momias de Monserrat (o pe deste parágrafo).

[202310.24 | martes] Partimos tralo almorzo coa certeza de que voltaríamos a vernos, posiblemente Lluis se achegase a Malanyeu ou Col Roch, e tamén nos baixaríamos a Montserrat o Montseny, para escalar con el e con Carma e Ramón. Tíñamos moitos días por diante, pensábamos estar por Catalunya a lo menos tres semanas máis. Ainda que despóis as cousas sucederon dun xeito inexperado e tivemos finalmente que voltar a casa antes de tempo sin poder ver a estos amigos nesta ocasión.

O filo do mediodía chegamos o AAC de Gironella onde puxemos a punto a nave. Tamén pasamos pola charcuteiría de Ester con idea de aprovisionarnos de longanizas. Pero tal e como nos contou a muller non era tempo delas. A calor do verán que además se estaba a prolongar eses días non permiten secalo fiambre. Precisamente é a partir de novembro cando empezan a fabricalas. Lección aprendida! Ainda así mercamos tres fuets que sí tenía xa que nos dixo fabricano todo o ano xa que por tratarse dun embutido mais pequeno é doado de secar e manter.

Continuamos logo a rota e subimos a coñecer a zona de Font Negre e Corbera da que xa hai un par de anos que nos tiña falado Lluis e que ainda non coñecíamos. A idea era achergarnoe e tratar de escalar a cresta do Corbera, pero no nos atrevimos a meter a nave por unha estreita estrada que vai dende o camping Fontfreda ate practicamente o pé de vía. Baixamos entón de novo e detuvímonos nun apartado dunha curva da estrada cunha preciosa vista, fronte as Agulles do Mercadal. Alí aproveitamos para comer un pouco e tomar unha cerveixa. Mais tarde fomos a buscar unhas vías de deportiva que podíamos facer no Mercadal e aproveitamos nelas ate que a baixada do sol invitounos a marchar, se estaba a poñer fío.

Esa noite fomos a durmir a La Nou. A pesar dos anos que hai que venimos con regularidade a Malanyeu non tiñamos pasado polo pobo, pequeno núcleo principal do termo municipal. Alí teñen un aparcadoiro pra caravans pero sin servizos. Achegarnos ate alí serviunos ademáis para valorar outro xeito de subir a Malanyeu distinto a estreita e vertixinosa estrada que utilizamos sempre.

[202310.25 | mércores] Esa maña cedo quedamos alí con Manel e Nuria, pero antes que eles veu visitarnos o alcalde de La Nou. Veu dicirnos que estábamos mal aparcados. O certo e que o área estaba baleira pero o parecer a zona que nos tíñamos que utilizar era a que estaba a dereita segundo se entra, e dicir, a contra do que fixemos. En fin. Tampou pasaba nada, xa pensabamos marchar. E así o fixemos cando chegaron os nosos amigos. Indediatamente puxemos cara o noso adorado Malanyeu. O noso paraiso particular, onde pasaríamos o resto da semana.

Nada mais chegar fumos a escalar, nos fixemos todo o tempo primeiros largos e Manel e Nuria subiron unha vía completa. A nosa idea era sobre todo probarnos, en concreto probarme eu xa que trala lesión que me tivo postrada nos últimos meses quería ver si estaba cómoda na parede. Pero todo saiu moi ben. O certo e que non só comprobamos que non tiña problema senon que ademais o adestramento feito no decurso deste tempo de parón permitiume disfrutar mellor, xa que atopeime forte de brazos e dedos, podía aproveitar camo nunca as pizas da caliza. Por outra banda, tanto nos gustou a experiencia de facer so primeiros que a reperitíamos os seguintes días.

De volta na nave tomamos unas cerves antes de que Nuria e Manel se fosen a Campelles. Quedamos con eles en que nuns días lles iríamos ver a súa casa.

[202310.26 | xoves] A meteoroloxía amosábase ameazante esta maña. Choiva e frío. Non íbamos poder escalar. Os seguintes días, a partir desta mesma tarde, a cousa mudarían e por iso decidimos baixar a civilización para aprovisionarnos e poñer a punto a nave, con ducha nosa incluida. Fomos entón ate o área de Gironella. Ao voltar ó mediodía, o ceo estaba abrindo e poidemos aproveitar ben o serán, subindo á parede a facer de novo primeiros largos. Xa entre fusco e lusco estabamos a regresar a nave polo camiño, coas lumieiras xa acesas, cando nos atopamos co rexidor de Malanyeu. Veciño entrañable que vive na casa o carón da Igrexa. Xa nos tiña fixado doutros anos, recoñeceunos pola furgoneta, i estivemos falando un bo rato co il. Púxonos o día de moitas cousas relacionadas coa vida nesta aldea.

[202310.27 | venres] Sen moita presa nos levantamos e almorzamos. Nesta época do ano o sol tarda en aparecer trala montaña. Iba moito frío esa mañá así que preferimos esperar a que quentase un pouco. Era xa preto da hora do anxelus cando saímos cara a parede. Pasaríamos nela practicamente toda as horas que restaban de luz. Estábase moi ben alí. De certo que facía calor [ver Instagram]. Cando voltamos a nave, como non podía ser doutro xeito por tratarse dun venres, xa tiñamos compañia. Aquela noite seguiron achegándose furgonetas, tres ou catro máis polo menos.

[202310.28 | sábado] Hoxe era un día especial. Por vez primeira iamos facer sendeirismo o redor de Malanyeu: a ruta das Cingles. Levantámonos cedo e mentres almorzábamos preparamos unha fabadiña para o xantar de volta. Como era sábado, o lugar, tranquilo e solitario da semana, estaba a convertirse noutra cousa por momentos. Os coches iban chegando e buscando un lugar no que aparcar, entre os poucos espazos que había. Nos tíñamos claro que era o millor día para camiñar, xa que posiblemente a parede estaría máis solicitada do habitual. A mañá amosábase explendida. O sol, ainda que non aparecera trala montaña que tíñamos o lado, alumeaba xa con forza a emblemática Pedraforca.

Pouco despois das nove saímos a camiñar. O paseo, unha ruta circular por lo alto de las cingles que rodean o val de Malanyeu, ocuparíanos máis de oito horas. Claro que se pode facer en bastante menos tempo, pero e que o longo do percorrido atopas moitos motivos pra deterte e disfrutar da espectacular paisaxe. Cara dentro, diferentes estampas da aldea de Malanyeu por un lado ou por outro os nosos pés, mudando a luz a medida que avanza o día. Por fora, en 360º: Pedraforca, a serra de Montgrony e o Puigmal detrás, e, mais o lonxe, Montseny e Monserrat. O camiño corre entre bosques de carballos ou de faias caducifolias unhas vegadas e de piñeiros outras; pradeiras de gando, vacas ou cabalos, vexetación rastrera de montaña e rochas. Hai pasos protexidos equipados con cables e cordas fixas. e outros de trepada con bos agarres de pedras. O certo e que o entretenemento está garantido. O día foi perfecto e rematou, como non podía ser doutro modo, coa fabadiña que deixamos pochando dende a mañá e que nos esperaba na nave. Cumpliamos deste xeito un desexo longo tempo soñado, camiñar polos rueiros ó redor desta aldea que tanto nos gusta e coñecela mellor. O noso paradiso!

[202310.29 | domingo] A meteo ameazaba de novo cun día fresco. O vento soplou gran parte da noite e xa de mañá parecía que arreciaba ainda máis. O ceo moi nublado, a pesar do que soplaba o ar, non auguraba nada bo. Pouco parecíase este día ao anterior. Ademáis, e a pesar do mal tempo, seguia a chegar xente animada de domingo. Xa tíñamos claro o que intuíamos, que na fin de semana non iamos estar só como o resto dos días. Mentes almorzábamos tomamos a determinación de marchar, mudar de sitio. Xa voltaríamos outro día, total hoxe pouco podríamos facer alí. Decidimos tirar cara Campelles a ver a Manel e Nuria, e tomarnos o día de descanso para os nosos corpos. Chamámoslles antes de saír e quedamos con eles pra xantar, nos debían unha Tartifflete e ían preparala.

Baixamos pola Nou e alí collimos cara Vilada por una estrada estreita ainda que cómoda e bonita, moi recomendable. Íamos dar a volta por Ripoll xa que así aproveitaríamos pra mercar algunhas cousas que precisábamos no Excla desta cidade que era o único supermercado aberto pola zona. De camiño, en Vilada, nos achegamos ate o área municipal de caravanas pra botar auga e mercamos pan e panellets nun forno que hai a saída do pobo.

Preto das tres chegamos a Campelles. Atracamola nave preto da casa de Nuria e Manel, fronte ao Puigmal. A vista era preciosa. Toda vila, moi ben situada, era un balcón con vistas e a casa dos nosos amigos unha ledicia, pequena e confortable. Alí nos esperaban coa Tartifflete no forno. Disfrutamos dunha deliciosa comida e dunha moi agradable sobremesa. Despois saimos a dar unha volta polas rúas tranquilas ate que caeu a noite.

[202310.30 | luns] Tralo Almorzo, Nuria e Manel que volvían de Ribes de Freser de facer unha xestión bancaria (estaban a piques de firmar o contrato de compra de súa leira de Serrat), levaronnos a facer turismo de montaña. A mañá estaba un pouco desapacible, o ceo encapotado e as cumbres cubertas de néboa. Ainda así, baixo pequena ameaza de choiva, subimos á Covil por A Berruga [ver track]. Por momentos as nubes as movía o vento, frío e un pouco desagradable, que descubríanos algo da paisaxe agochada o noso redor. No cúmio estábamos xusto por riba das paredes de Coll Roig e o fondo se veía Gombren [ver Instagram]. Tivemos que abrigarnos moito ata que poidemos abandoar a corda da serra e baixar pola ladeira nordeste. Protexidos logo do vento seguimos o camiño e atopamos cabalos salvaxes preto do refuxio de La Covil.

Cando cegamos á casa comenzaron a caer as primeiras gotas. Librámonos de sorte, xa que o temporal foi a máis en pouco tempo. Choveu gran parte da noite tamén.

[202310.31 | martes] O día explendido permitiunos facer unha de esas excursións que se lembran de por vida. Levaronnos Nuria e Manel. Subimos polo Freser dende a ponte da central hidroeléctrica ate o refuxo de Coma de Vaca [ver track]. Pasamos polo Salt del Grill [ver Instagram] e as Gorges, e tras unha longa e mantida pendente de subida chegamos á altura do refuxo. Frente a nós un inmenso praderío entre montañas, as vacas ainda pastaban abaixo na vagoada, preto do leito do río, a espera de que os gandeiros veñan  levalas pra aldea a pasalo inverno. Estábamos nos lindes da fronteira francesa, os cúmios do norte trazaban as liñas que moitas veces, me dicia Nuria, traspasan esquiando, baixando e subindo ladeiras, dun estado a outro. Neste lugar descansamos un bo rato, aproveitando pra tomar algo de froita e froitos secos. Despois, retomámolo camiño pra voltar por onde viñemos, o sol baixaba o mesmo ritmo que nos. Descencendo o canon invadíanos unha paisaxe e unha luz de conto que propiciaba evocar historias como a dos Minairons, pequenos seres lendarios que habitan o pirineo catalá. Incansables na súa labor, hai quen di que son, de seguro, os responsables dos caos de pedras que abondan por estas montañas.

Xa entre fusco e lusco chegamos o coche que estaba aparcado preto da central e, aproveitamos as últimas luces do día para achegarnos a Serrat. Nuria e Manel querían que amosarnos a leira que ian comprar esa mesma semana, tras máis de seis meses de arduas negociacións e trámites. O terreo está na marxe dereita desta pequena aldea rural de pedra, situada no alto da ladeira que se asenta sobre o cauce do río Macanell. Un estupendo balcón sobre o val do Freser. Ao fronte Ribes e máis arriba Campelles. Andes de abandoar a aldea collimos auga na fonte que hai a entrada do pobo. Logo, de camiño a Campelles, paramos en Ribes de Freser. Nos tíñamos que ir á famacia i eles querían mercar achicoria, uns botes desa raiz tostada a la que tanto nos aficionamos estes días.

[202311.01 | mércores] Nos despedimos de Nuria e Manel despois do almorzo. Marchaban pra casa do irmá de Nuria, na Costa Brava, pois tiñan que pasar uns días alí pra cuidarlle o can. Insistiron en que lles compañaramos pero nos preferimos quedar pola montaña, tiñamos planes de escalada en Coll Roig, e tampouco apetecianos moito o barullo urbán. Ainda que o día amenceu nublado, finalmente o ceo foi despexando e poidemos subir á pedra. Tentamos facer a Dersu Uzala, perno no segundo largo desistimos. A Luis non lle daba confizando un paso que había ó inicio e pensamos que sería mellor non arriscar. Decicimos finalmente rapelar e penso que foi unha idea responsable. Hai días que é mellor aparcar proxectos que se atrancan. Non paga a pena tentar a sorte e facerse dano. Antes de percorrer o camiño de volta a nave, fixemos o primeiro largo da …. e recollimos cacharros. O certo e que vir a Mongrony e subir camiñando ate Coll Roig é en sí xa unha experienza gratificante, mais en outono cando as árbores xogan o xogo das cores bermellas. A atardecida foi, unha vez máis, un regalo.

Xa na nave decidimos baixar a facer noite na AAC de Ripoll que está ó carón de Mercadona. Neste municipio hai dúas áreas. A meteo dicía que o tempo iba empeorar en poucas horas. O día seguinte esperabanse choivas contínuas. Atracamola nave na última praza, fronte a ponte peatonal, lindando co parque.

[202311.02 | xoves] O pronóstico se cumpliu e aproveitamos a mañá para facer a colada. Pensabamos incluso achegarnos o supermercado que tíñamos enfronte, pero estaba pechado por obra. A lavandeiria non estaba lonxe e fomos camiñando agás a choiva que caía miudiño. O establecemento de lavado gustounos pola sua limpeza i eficacia. Tiña una cómo mesa para doblar a roupa e incluso unhas cestas para recollela (ainda que nos levávamos a nosa plegable). Mentres as máquinas funcionaban, aproveitamos para dar una paseo e mercar unas zapatillas de casa que son as que teño postas agora mesmo, cos pes quentiños.

Feita a colada e como o Mercadona estaba pechado, fomos coa nave ata o Excla no que estivéramos o pasado domingo e fixemos alía compra. Despois, antes de abandonar Ripoll, fixemos o aseo da nave na outra AAC, pois de momento é a única das dúas que ten auga, ainda que xa sabemos que o grifo temos que limpalo sempre pois só hai un e pensamos que o mellor está contaminado de lavar pottis.

Dende aqui decidimos tirar cara a Garrotxa xa que os seguintes días ivan ser un pouco inestables no que o tempo se refire. Paramos primeiro en Olot, nun aparcadoiro que hai por riba da praza de touros, e fomos camiñando ata a oficiña de tourismo a pedir información. Pero non quedamos nesta cidade, xa a coñecíamos da primaveira pasada. Queríamos adentrarnos máis no Parque e fomos a atracar a AAC de Sant Esteve d’en Bas. O lugar de atraque resultou ser explendido. Poidemos engancharnos á corrente por 5€ o día, o que nos veu moi ben xa que as baterías andan un pouco vellas e estábamos a facer moitas economías para manter os sistemas. Esa noite cociñamos na placa de inducción o que nos veu moi ben xa que o vento arreciaba e non conviña abrir fiestras e claraboias.

[202311.03 | venres] Toda a noite soplou o vento e seguiu pola maña. Aínda así apeteciunos sacar as lanzadeiras e facer un pouco de exercicio seguindo o carril bici que tíñamos ao lado con idea de achegarnos ate Sant Feliu de Pallerols. O carril discorre polo trazado da Ruta del Carrillet que va de Olot a Girona. Nos o collimos ó caron da área na que estábamos atracados e, despois de desviarnos un momento polas rúas de Sant Esteve buscando información no axuntamento, continuamos ate San Feliu, sin poder entrar neste pobo xa que o camiño estaba roto por obras e o desvío non era axeitado pras nosas bicis. Así que nos dimos a volta [Ver track que fixemos].O Carrilet é un dos percorridos ciclistas máis aclamados da provincia de Girona, xa que o seu trazado percorre paisaxes moi diversas e interesantes, como o parque volcánico da Garrotxa, vilas con moito encanto e historia, monumentos… Son apenas 54 kilómetros os que separan Olot de Girona por esta vía, sen moito desnivel. É un proxecto que queda en estudo para outra ocasión cicais.

[202311.04 | sábado] Segue o tempo un pouco desapacible: vento e frío. Hoxe máis que onte. Decidimos pois abrigrarnos ben e sair a camiñar [ver track do paseo]. Dimos un paseo ben largo. Primeiro ate o pequeno e precioso pobo de Els Hostalets d’en Bas. Manel nos recomendou achergarnos aquí, o forno de pan que dixo tiña un moi bo producto. Con esa excusa fixemolo percorrido [ver Instagram]. Despois, de volta, desviamonos para subir a outro dos pobos do municipio do Vall de Bas: o pé do Puigsacalm está Joanetes. Chegamos ate a igrexa e descansamos un pouco do vento arrimados o pequeno soportal do atrio. Alí poidemos comunicarnos con Marta e Álvaro que estaban preparando os papeis para firma a compra da súa furgoneta.

De volta a nave, esa tarde preparamos un lacón con grelos de cociña itinerante que nos supo a gloria, tralo paseo e o frío.

[202311.05 | domingo] Hoxe madrugramos e subimos a almorzar coa nave o collado de Bracons. Sabíamos que por ser domingo teríamos problema pra atracar si non o facíamos cedo. Así que chegamos ao punto e puxemonos co almorzo, con calma, esperando que o sol quentase un pouco o ambente e vendo chegar a xente, mentres se iban ocupando os laterais da estrada de coches. O Puigsacalm é un cumio emblemático e con unha expectacular vista de 360º. Nos fixemo la ruta subindo primeiro polo camiño de cadeas, que require un pouco máis esforzo e por iso estaba máis tranquilo e solitario. Chegamos ate o Puig des Llops, pasando polos Puigs dels Tossels e o Cami dels Burros, pra achegarnos o pé de vía. A intención era valorar a aproximación e volta da estaclada al Pug des Llops que pensamos facer na primaveira, cando os días sean máis largos. Por último coroamos o Puigsacalm e voltamos polo camiño da Font Tornadissa. Neste tramo si que había máis xente. [ver track]

De volta na nave decidimos ducharnos alí memo xa que a inclinación era perfecta para o desagüe. Mentres se calentaba a auga, tomamos un pequeno refigerio. Despois baixamos do collado cara Ripoll, en concreto a AAC que ten auga para facerlle o aseo tamén a nave. Ni falar da sorpresa que atopamos na rexilla do desagüe…

[202311.06 | luns] Era a mañá perfecta, o pronóstico auguraba unha semana explendida de sol e bo tempo. A idea era subir a Coll Roch e resarcirnos do fiasco da vez anterior e pasar uns días disfrutando daquel paraxe que tanto nos gusta. A noite anterior falamos con Nuria e Manel que xa estaban de volta na casa e pensaban vir a vernos. Incluso despóis pensabamos achegarnos a Malanyeu cicais e baixar cara Barcelona para ver a Lluis, Carma e Ramón, e pasar uns días con eles, en Montserat posiblemente. Pero… así son as cousas, todo preparado para uns días de ventura, menos nos. Luis levantouse coa cara hinchada e pensamos que podía tratarse dos implantes que lle puxeron hai uns meses e que se estaban a mover. Chamamos a Dentista e… bueno, decidimos voltar de inmediato.